Phoenix Criminal Lawyer

A nosa Biblioteca

biblioteca.png

DISTRIBUCIÓN DE LIBROS

A nosa biblioteca é un lugar para estudiar, consultar e disfrutar lendo, tamén podes levar libros, dvds ou cds en préstamo.

As enciclopedias, dicionarios e prensa non se poden prestar, pero si se poden sacar para fotocopiar o que interese.

A biblioteca ten tres bloques de andeis e dous andeis móbiles.

Nos bloques de andeis atoparás especificados temas e materias que conteñen.

Os andeis móbiles teñen cores distintas: a vermella representa os libros para o lecer, que se poden ler na biblioteca ou levar a casa; a verde ten os libros de lectura recomendada e obrigatoria nos distintos niveis.

COMO BUSCAR UN LIBRO

Os libros están colocados por materia e orde alfabética de autor coas tres iniciais do primeiro apelido.

Se se trata de autor anónimo o atoparás como ANO, e os de varios autores como VAR.

PARTES DUN LIBRO

As partes principais dun libro localízanse tanto no seu exterior coma no seu interior.

No lombo do libro atoparedes unha etiqueta branca, que contén letras e números e que corresponde coa CDU (Ver o cartel).

A CDU é a Clasificación Decimal Universal, un sistema que permite clasificar tódolos posibles temas que se poden tratar nos libros.

USO E DISFRUTE DA BIBLIOTECA

Na porta da biblioteca tes unha pequena guía de uso desta; se tes algunha dúbida sempre podes contar coa axuda do profesor que estea na biblioteca.
Agradecemos as túas suxestións e ideas (libros, actividades…) que nos poidan axudar a mellorar a nosa biblioteca.

Moitas grazas.

Chuzame! chuzame -