Phoenix Criminal Lawyer

VIII CENTENARIO DO CANTAR DE MÍO CID

Decembro 11th, 2007

cid41.jpg

Con motivo do VIII centenario do Poema de Mío Cid, a Biblioteca do centro organizará unha serie de actividades dirixidas ós alumnos e alumnas de 2º e 3º da ESO e de 1º de Bacharelato.

Na imaxe podedes ver o cartel anunciador destas xornadas, que se desenvolverán entre o 14 e o 20 de decembro, e que teñen por obxectivo dar a coñecer a figura histórica e literaria do Cid.

 

Chuzame! chuzame -

UNHA OLLADA DESDE A CIENCIA

Decembro 3rd, 2007

Caderno de divulgación científica. Consellería de Educación Ano da Ciencia 20ollada.jpg07

Con motivo do ano da ciencia 2007 a Xunta editou este caderno, no que atoparedes o artigo  Do compás de Oersted aos postulados de Einstein  de Ignacio López Bueno.

A Consellería de Educación fai a súa aposta polos profesores e profesoras de secundaria como divulgadores e axentes  difusores do coñecemento. A súa práctica profesional outórgalles esa capacidade para comunicar e transmitir coñecemento de xeito ordenado, comprensible e asequible.

Unha ollada desde a ciencia é unha recompilación de artigos de divulgación científica escritos por profesores e profesoras de centros de ensino secundario de Galicia, que nos permite comprobar esta realidade, na que os docentes fan patente a súa capacidade como divulgadores científicos.

Chuzame! chuzame -