jump to navigation

RELATO GAÑADOR DO CONCURSO 11 decembro 2009

Subido por ninsesabepuntocom en : Concursos , Comentar

Xa temos o relato gañador do concurso.  Premendo na imaxe podedes baixalo en formato PDF.

animas_peq

Trátase do texto presentado pola alumna de 1º da ESO A, Carolina Castro Parada..

O xurado decidiu tamén otorgar un acéssit á alumna, tamén de 1º A, Alba Fernández Rodríguez.

Aquí tendes o texto gañador, que, como sabedes, consistía en finalizar un relato que se entregaba aos participantes.

- Ash, que é o que pon? – preguntoulle Roberto, que non entendía nada do que poñía.

- É uolofoe – respondeunos Ash seriamente

A noite transcorreu coma se nada ata a hora de ira cara a cama. Roberto apagou a luz e colleu unha lanterna. Prendeuna e dixo:

- Vou contar un conto de medo. Hai pouco tempo uns nenos ían á biblioteca.

- Pois vaia conto de medo! – dixen eu.

- Cala, que aínda non rematei. Eses  nenos puxéronse a tirar libros, pintalos e arrincarlle páxinas. Pero para a súa desgraza non repararon que as Ánimas da biblioteca os vixiaban. Ó día seguinte, os nenos, volveron pero daquela as ánimas xa estaban alerta. Un neno pintou un libro, e a este case lle costa a vida, xa que unha Ánima tiroulle un libro á cachola, a outro neno tiroulle do cabelo. Os nenos saíron a fume de carozo e non pisaron a biblioteca xamais.

- Tes que mellorar un pouco, xa que a min non me impresiona nadiña a túa historia – dixen eu, pero Ash tremía de medo.

Ó día seguinte, a Ash, xa se lle pasara o medo, xa que dixo:

- Quero ir á biblioteca a coñecer Ánimas.

- Pero as Ánimas non existen, son so imaxinarias – dixen eu.

- Pero eu quero coñecer Ánimas! – protestou Ash.

Entón ocorréuseme unha idea boísima e díxenlla a Roberto ó oído, e gustoulle moitísimo. Despois de almorzar subimos ó faiado, alí atopamos unhas sabas brancas.

- Ash, imos ir á biblioteca – dixen mentres lle chiscaba un ollo a Roberto.

- Ben, vou coñecer Ánimas! – alegrouse Ash.

Cando chegaron á biblioteca, Ash púxose a ollar libros abraiado polo seu contido.

- Ash, imos ó cuarto de baño – díxolle Roberto.

- Ash seguiu mirando o libro e decatouse de que unha Ánima vixiábao. El saíu correndo polo medo que lle entrara de súpeto. Agachouse detrás dunha libraría, pero a Ánima estaba en fronte del. Colleu un libro e atravesouna. Que medo! Ash volveu saír correndo e chocou contra dúas Ánimas e caeu de cur. Cando se levantou decatouse de que as Ánimas éramos Roberto e máis eu e púxose arir e dixo:

- Miúda broma me gastáchedes, pero coma poidéchedes facer para que o libro vos atravesar?

- A nos non nos atravesou ningún libro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Participación no concurso das Ánimas 14 novembro 2009

Subido por trasancos en : Concursos , 1 comment so far

Ánimo rapaces!

Vemos que está sendo un éxito o nivel de participación no concurso das Ánimas . Tódolos días estamos recibindo novos traballos na biblioteca.

Pero que pasa cos de 2ºESO??? Tódolos que veñen son de primeiro. Ou é que os de segundo o estades traballando a fondo???  En todo caso, SORTE a todos e todas; creo que llelo ides poñer difícil ao xurado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

BASES DO CONCURSO LITERARIO 11 novembro 2009

Subido por ninsesabepuntocom en : Concursos , Comentar

tira das animas

AS ÁNIMAS DA BIBLIOTECA

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google