PONTE Ó DÍA 10 marzo 2008
Subido por ninsesabepuntocom en : Actividades , Comentar
Baixo o lema de Ponte ó día ó longo desta semana a Biblioteca do centro ten programadas unhas actividades destinadas ó segundo ciclo da ESO e a 1º curso de Bacharelato, nas que se pretende acercar a prensa ó alumnado.
Aprenderán a diferenciar as distintas seccións dun periódico, a analizar distintos tipos de prensa e tamén a contrastar noticias de igual contido en distintos periódicos. Paralelamente na biblioteca celebrarase unha exposición de prensa
de distintos países.
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA 7 marzo 2008
Subido por ninsesabepuntocom en : Actividades , Comentar
Durante a presente semana, do 3 ó 7 de marzo, a Biblioteca do centra organizou unha actividade para conmemorar o día da muller traballadora, baixo o lema A muller que admiro.
A actividade estivo destinada ó 1º ciclo da ESO, e consistiu na lectura de textos de creación persoal realizada polos propios alumnos.
Tamén houbo unha audición e posterior comentario de temas musicais de Amaral e Pedro Guerra relacionados co tema.