A BALADA DE ROI NEMIÑA
Luns, Novembro 26th, 2007
Nunha época esquecida, a tribo dos sisargos habitaba en castros, nunha comarca bañada polo mar dos Atlantes.
Cando nace Nemiña, o espírito da súa avoa Xaviña regresa da Illa da Eterna Xuventude para anunciarlles aos seus pais, Saímia e o ferreiro Ozón, que o destino do meniño é salvar a tribo da súa destrución.
Unha obra cos ingredientes propios de aventuras clásicas como as de Ulises: unha viaxe, unha profecía, a fazaña, o regreso…
Recomendado para 1º ciclo de ESO
chuzame -
X. H. Rivadulla Corcón